Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Elaboración de 4 traballos escritos (summary, formal letter, article, essay) tutelados na aula e realizados de forma autónoma polo alumnado (writing) 20
CB4
CE1
CE2
CE4
CE8
CE28
CT6
CT14
CT15
CT22
Probas de resposta curta 2 probas de avaliación da destreza de "reading" 30
CE4
CE8
CE28
CT2
CT4
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de avaliación da destreza de "writing" baseada na comprensión del libro de lectura obligatoria 10
CB1
CT14
CT15
CT22
Resolución de problemas Proba de avaliación dos contidos lingüísticos (Use of English: grammar and vocabulary) 40
CE25
CE28
CT2
CT4
CT6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O alumnado
poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2)  e ten que declararse por escrito na segunda semana de clase asinando o documento específico.

A.1) Avaliación continua

Avaliación continua na primeira edición das actas:

Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que
o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a
aprendizaxe dun idioma.

Para acollerse ao sistema de avaliación continua, se recomenda ao
alumnado asistir  e participar con regularidade ás sesións presenciais,
tanto teóricas como prácticas así como realizar as tarefas e exercicios
que se lle requiran.
Recoméndase acollerse a este sistema e para superar a avaliación continua será
necesario:

1) Aprobar cada unha das destrezas comunicativas (reading: 30% and writing: 30%) e a destreza lingüística (use of English: 40%). Na
segunda edición de actas (xullo 2018) o alumnado só terá que presentarse ás
destrezas suspensas.

2)
Realizar 4 traballos escritos (20%), 1 proba de expresión escrita baseada na comprensión do libro de lectura (10%) e 2 probas de  comprensión escrita (30%). As datas de
entrega dos traballo e da realización das probas anunciaranse na plataforma Faitic. Toda esta
parte computará o 60% da cualificación final.

3)
Aprobar unha proba final que constará dun test de resposta curta sobre os
contidos lingüísticos (use of English: grammar and vocabulary). Esta parte computará o 40%. A proba final realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT.

A
avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas
capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e
traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos  que
os alumnos non realicen ou  non entreguen  contarán como un “0”
.

A.2) Avaliación única

O
alumnado que non realice ningunha proba
parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global
final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das
seguintes partes:

-       
Use of English (40%),
writing (30% incluindo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio), reading (30%).

Para
superar dita proba o alumnado ten que aprobar todas as partes. Conservaranse as
partes aprobadas para a segunda edición das actas en xullo 2018. O exame realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT, coincidindo coa proba final de avaliación continua .

B)
SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo):

O
alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será
availado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas
características que a proba única da primeira edición das actas:

- Use of English (40%),
writing (30% incluindo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio), reading (30%).

Para superar esta avaliación o alumnado ten que
aprobar cada unha das partes. A data desta proba de xullo será fixada pola
facultade e publicada pola súa paxina web.

Todas as
probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “Cambridge
Proficiency in English” e as indicacións fixadas para o nivel C2 no Marco Europeo
de Referencia para o Ensino das Linguas.

Durante a
realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, tableta ou 
conexión a internet ou outros medios electrónicos.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000