Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Axeitamento dos exercicios propostos e das traducións realizadas e entregadas á encarga e á situación de tradución 15 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE4
CE8
CE10
CE12
CE17
CE18
CE22
CT1
CT3
CT4
CT7
CT9
CT10
CT14
CT16
CT17
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Valoración das distintas actividades realizadas polo alumno en TEMA 15 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE4
CE8
CE10
CE12
CE17
CE18
CE22
CT1
CT3
CT4
CT7
CT9
CT14
CT16
Lección maxistral Probas propostas ó fio dos contidos das sesións maxistrais 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CT3
CT4
CT7
CT14
CT16
CT17
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final 60 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CT1
CT3
CT4
CT7
CT9
CT14
CT16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nas dúas primeiras semanas de clase, todas as persoas matriculadas deberán cubrir os seus datos persoais na plataforma de teledocencia e subir unha foto (primeiro plano, recoñecible). Non se avaliará ningunha persoa que non cubra eses datos e suba unha foto. 

Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en todas as actividades previstas na materia, tanto na clase presencial como a través da plataforma de teledocencia.

Nas distintas probas propostas será imprescindible responder todas as preguntas. Salvo que se indique outra cousa, pódese responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia. 

Con respecto á corrección dos exames e exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou exercicio.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais nas preguntas prácticas pero non nas teóricas.

No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá realizar un único exame 
na data fixada no calendario ofical da facultade.  O exame terá unha parte teórica (resposta a unha ou dúas preguntas sobre a parte teórica do temario e/ou as lecturas obrigatorias; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente.

O exame, obrigatorio para todo o alumnado, realizarase na data fixada no calendario oficial da facultade.

Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame na data fixada pola facultade. O exame terá unha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do
temario; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350
palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes
obrigatoriamente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000