Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, I: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do curso e do programa.
Creación de grupos de traballo.
Tarefas de xestión e administración da conta do alumnado en TEMA e noutras aplicacións que se empregarán no curso.
Estudo de casos Preséntaselle ó alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que presenta.
Prácticas autónomas a través de TIC A través da plataforma TEMA e doutras TIC da web 2.0 o alumnado deberá estudar temas, desenvolver e entregar traballos, responder a encargas, participar en debates, realizar cuestionarios de autoavaliación, participar no traballo en grupos, etc.
Lección maxistral Nestas sesións o profesor presentará:
a) os temas introdutorios que servirán de marco de traballo para o resto do cuadrimestre,
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada encarga de tradución
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000