Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Exercicios orais e escritos que se realizarán durante as clases. 20
Traballo tutelado Realización/presentación de varios traballos - individuais ou en grupos, sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona). 25
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba escrita sobre contidos de civilización lusófona e sobre elementos de tradución e cultura portuguesa (a realizar en novembro). 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso. O exame realizarase na última sesión de clase. 15
Práctica de laboratorio Diferentes exercicios prácticos orais a realizar nas clases. Exercicios de tradución oral. Proba oral individual (última semana de aulas). 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria, nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. descrición en"avaliación") ou un sistema de avaliación única.

É recomendable elixir o primeiro sistema, avaliación continua, xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e é necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a posibilidade de asistir ás clases e ás actividades da materia coa frecuencia necesaria debe comunicalo ao profesor. A non realización das probas ou exercicios parciais, previstos polo sistema de avaliación continua, supón o suspenso cunha nota de 0 (cero) puntos na mesma.

Primeira edición das actas

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT. A data do exame oral será acordada co profesor ao longo do período de exames. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio, coa debida autorización do alumnado. Para aprobar na materia, é necesario aprobar ambas as probas (escrita e oral). Ao suspender unha delas, é necesario recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación única consiste nun exame escrito, realizado en data indicada no calendario oficial da FFT, seguido doutro exame oral, que será realizado no mesmo día nunha aula contigua. A avaliación única será valorada da seguinte maneira:

1. Exame escrito teórico-práctico: 75% da nota final.

2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma de audio coa debida autorización do alumnado.

Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar ambos os exames (escrito e oral). No caso de que se suspenda un dos exames, o alumno/a deberá repetir as dúas partes (escrita e oral) na convocatoria de xullo.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición das actas (xullo). A data do exame coincidirá coa data destacada no calendario oficial da FFT.

Consideracións xerais

Copia ou plaxio nos exames de avaliación continua ou única serán penalizados cun suspenso (0 puntos).

Recoméndase a asistencia regular ás clases e ás titorías, así como a consulta regular de materiais e información específica na plataforma Moovi.

As datas e os horarios das probas nas súas diferentes convocatorias seguirán o calendario oficial de exames aprobado pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000