Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentación Nas sesións prácticas das semanas 6 e 12, en datas anunciadas con antelación pola/o docente, o alumnado terá que facer exposicións orais na clase, que serán avaliadas como probas de Speaking. 25 CB4
CE4
CE18
CT22
Exame de preguntas obxectivas Nas sesións teóricas das semanas 6 e 12, en datas anunciadas con antelación pola/o docente, o alumnado realizará probas qua avaliarán os contidos gramaticais e de vocabulario, de lectura, escrita e de Listening especificados no programa da materia.
A porcentaxe na nota final de cada unha desas partes é como segue:
- Gramática: 15%
- Vocabulario: 15%
- Lectura: 10%
- Escrita: 20%
- Listening: 15%
75 CB1
CB4
CB5
CE4
CE18
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Primeira edición de actas:

a.1) Avaliación continua:

O alumnado que realice calquera das probas de avaliación de calquera das destrezas e contidos especificados no programa da materia aterase de xeito automático ao sistema de avaliación continua.

Cada unha das destrezas da lingua será avaliada ao longo do cuadrimestre mediante probas específicas en datas anunciadas pola/o docente con antelación. O alumnado deberá aprobar todas e cadaunha das partes que compoñen a materia; o suspenso nunha destas partes implicaun suspenso na materia na primeira edición de actas. De suspender algunha(s) das partes nesa primeira edición, o alumnado examinarase da(s) parte(s) suspensa(s) na data oficial do mes de xuño/xullo publicada na páxina web da FFT (véxase apdo. b). De non aprobar nesa segunda oportunidade, oalumnado deberá examinarse de toda a materia no seguinte curso académico (non se gardarán notas dun curso ao seguinte).

Ningunha persoa poderá ser avaliada mediante o sistema de avaliación continua e presentarse ao exame de avaliación única explicado no apartado a.2.

a.2) Avaliación única:

O alumnado que non realice ningún exame parcial, poderápresentarse a un exame único (100%da cualificación final), que terá lugar na data oficial de decembro/xaneiro publicada na páxina web da FFT. Ese exameterá asignadas as porcentaxes que seguen: gramática (15%),vocbulario (15%), lectura (10%), escrita (20%), escoita (15%) e produción oral (25%).

a.3) Avaliación continua/única non presencial:

Se por algunha circunstancia relacionada coa situación derivada da COVID-19 as clases presenciais non puidesen celebrarse ou fosen suspendidas en calquera momento do cuadrimestre, a proba ou probas de avaliación pendentes de realización serían realizadas mediante a plataforma de docencia online (Moovi). Neste caso, as persoas que seguisen a avaliación continua e xa tivesen feito algún exame presencial, completarían as probas co/s exame/s restantes feitos mediante Moovi, mentres que as persoas que seguisen a avaliación final, realizarían esta avaliación cunha única proba para cada parte da materia. En calquera dos dous casos, as porcentaxes da nota asignadas a cada parte serán as especificadas nos apartados a.1 e a.2.

b) Segunda edición de actas:

b.1) Presencial:

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame aofinal do cuadrimestre, será avaliado mediante o exame único presencial na data oficial publicada na páxina web da FFT. Este exame computará coma o 100% danota e constará de diversas partes correspondentes a gramática (15%), vocabulario (15%), lectura (10%), escrita (20%), escoita (15%) e produción oral(25%).

Tal ecomo se explicou no apdo. a.1, a este exame poderá presentarse oalumnado que teña suspensa algunha das partes da materia. O alumnado deberá examinarse só da/s parte/s suspensa/s.

b.2) Non presencial:

Se por algunha circunstancia relacionada coa situación derivada da COVID-19 os exames presenciais non puidesen celebrarse, a proba ou probas de avaliación serían realizadas mediante a plataforma de docencia online (Moovi):

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame aofinal do cuadrimestre, será avaliado mediante o exame único non presencial na data oficial publicada na páxina web da FFT. Este exame computará coma o 100% danota e constará de diversas partes correspondentes a gramática (15%), vocabulario (15%), lectura (10%), escrita (20%), escoita (15%) e produción oral(25%).

Tal ecomo se explicou no apdo. a.1, a este exame poderá presentarse oalumnado que teña suspensa algunha das partes da materia. O alumnado deberá examinarse só da/s parte/s suspensa/s.

NOTA: Oplaxio total ou parcial en calquera tipo de proba suporá unsuspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxionon eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000