Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Introdución á teoría da tradución e a interpretación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Introdución á teoría da tradución e a interpretación Código V01G230V01210
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Pérez Rodríguez, José Henrique
Correo-e jhpr@uvigo.gal
Profesorado
Pérez Rodríguez, José Henrique
Web http://webs.uvigo.es/jhpr
Descrición xeral Aprendizaxe dos contidos de tipo teórico necesarios para formarse como tradutor / intérprete e desenvolvemento das capacidades necesarias para aplicar eses contidos a supostos prácticos. O curso está estruturado en cinco grandes bloques. O primeiro deles aborda a realidade da tradución desde un punto de vista epistemolóxico, tentando delimitala e definila á vez que se analizan as súas relacións con outras realidades afíns. No segundo bloque proporciónanse algúns coñecementos xerais (externos) sobre as linguas e a tradución, abordando o tema da posibilidade da tradución. No terceiro bloque, que constitúe o núcleo do programa, móstrase a evolución recente da tradutoloxía mediante a referencia a certos autores e escolas seleccionados, á vez que se procederá a abordar, nese marco, aspectos centrais da análise. No cuarto bloque engádense certos estudos recentes realizados a partir de disciplinas como a psicolingüística, a sociolingüística, etc. Finalmente, o quinto e último bloque estará centrado na realización de comentarios tradutolóxicos e en aspectos relativos á profesión de tradutor.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000