Actividades introdutorias |
Actividades organizativas: explicación pormenorizada do programa da materia e do desenvolvemento da mesma dentro e fora da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios e outros libros complementarios. |
Estudo previo |
O alumno recibirá explicacións e orientación sobre cuestións instrumentais básicas á hora de desenvolver a súa actividade, tanto na aprendizaxe das regras gramaticais básicas do idioma como nas técnicas iniciais da tradución inversa.
Así mesmo explicaránselle cuestións fundamentais como o uso correcto do dicionario. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
O alumno realizará exercicios de tipo práctico sobre cuestións gramaticais e léxicas, así como traducións directas e inversas de frases e textos sinxelos con o sin axuda do dicionario. |