Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a presentar a materia e organizar a dinámica da docencia e actividades co alumnado na primeira semana de clases.
Lección maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia por parte da profesora.
Traballo tutelado Discusión oral dos textos literarios e/ou fílmicos por parte do alumnado baixo a supervisión da profesora. O alumnado deberá aplicar ao comentario crítico os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e mais nos seminarios así como os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas previas.
Seminario Revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico e á supervisión da elaboración dos traballos.
Presentación Presentación oral por parte do alumnadosobre aspectos recollidos no programa que se determinarán previamente baixo a supervisión da profesora.
Seminario Actividades de formación dirixidas pola profesora que inciden máis pormenorizadamente nalgún
aspecto concreto das unidades temáticas ou as complementan.
Estudo previo O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto teóricos/críticos coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en faitic antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e ter realizada a lectura do material.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000