Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentacións orais por parte do alumnado sobre aspectos do programa que se determinarán baixo a supervisión da profesora ao comenzo do curso. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B11
C161
C162
C163
C164
C165
C166
Resolución de problemas e/ou exercicios Para a avaliación deste aspecto considerarase:
-Participación activa nas clases prácticas na resolución de preguntas concretas
-Participación nos foros periódicos de MOOVI na argumentación de propostas concretas

20 A2
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B11
C161
C162
C163
C164
C165
C166
Exame de preguntas de desenvolvemento Para o alumnado de avaliación continua trátase da elaboración de 2 ensaios longos escritos (25% cada un) a realizar na aula. A cualificación neste apartado é da media de ambos.
Coincidirá coa data oficial para o exame de avaliación única.

25 A2
A3
A4
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B11
C161
C162
C163
C165
C166
Exame de preguntas de desenvolvemento Para o alumnado de avaliación continua trátase da elaboración de 2 ensaios longos escritos (25% cada un) a realizar na aula. A cualificación neste apartado é da media de ambos.
Coincidirá coa data oficial para o exame de avaliación única.
25 A2
A3
A4
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B11
C161
C162
C163
C165
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A plataforma de teledocencia MOOVI é de uso obrigatorio e resultará imprescindible como canle de comunicación académica durante o cuatrimestre, así como repositorio de materiais docentes fundamentais e como dinamizador da participación a través dos foros e, de ser necesario, como ferramenta para levar a cabo probas de avaliación. Dase por sentado que o alumnado contará con acceso a MOOVI desde o comenzo de curso e permanecerá ao tanto de toda a información xenerada na plataforma durante o desenvolvemento do mesmo e ata o remate do ano escolar.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS. A avaliación será preferentemente continua. Para a avaliación continua é obrigatorio asistir e participar tanto nas clases prácticas como no foro de debate de MOOVI e realizar e expoñer no prazo establecido os traballos estipulados: dous ensaios escritos, que equivalen a un 25% da nota final cada un, e unha presentación oral, que suporá o 30% da nota final. Xa que logo, a nota final na materia correspóndese coa suma total das calificacións obtidas, no caso de non terse presentado a unha das probas a cualificación será de 0 nesa proba.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

No caso de modalidade de avaliación única, isto deberá comunicado á profesora nas primeiras dúas semanas do curso. A cualificación da avaliación única corresponderase exclusivamente coa cualificación obtida nun exame único na data fixada no calendario oficial de exames polo Decanato. Este exame estará baseado nos contidos da materia, e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e a nota do exame constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar na data oficial de xullo establecida no calendario de exames oficial.

O alumnado Alleo/Erasmus deberá consultar coa profesora a pertinencia da súa matrícula na materia en virtude da súa traxectoria académica previa na universidade de orixe. Advírtese ao alumnado Alleo/Erasmus que o nivel de traballo e esixencia na materia require un coñecemento alto da lingua inglesa cunha capacitación adecuada de competencias de expresión oral e escrita ao nivel de 4º de Linguas Estranxeiras. A non satisfación deste criterio pode afectar negativamente ao desenvolvemento e aos resultados do aprendizaxe na materia.

Expresión linguística: deberá ser a adecuada ao nivel de 4º de grao.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000