Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e outras artes do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Proba presencial o día estipulado polo profesor na última semana do cuadrimestre. Terá unha parte na cal o estudante terá que mostrar o seu coñecemento dos temas expostos durante o curso e outra na que un clip dos filmes tratados no curso será analizado e comentado. 50
Traballos tutelados Traballo escrito de extensión media (8-10 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Tres exercicios prácticos curtos serán entregados por escrito ó longo do curso en datas sinaladas con suficiente antelación polo profesor ao final de cada sección importante. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito (80% da asistencia), deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente ó comezo do cuadrimestre, antes do remate da terceira semana lectiva.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.

O alumnado que
escolla avaliación única será avaliado coa proba presencial final (60%) e co traballo tutelado (40%). Este
alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non asista ao mínimo de sesións presenciais ou suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000