Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e outras artes do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Identificar as principais achegas teóricas sobre as relacións entre a literatura e outros modos de expresión artística: en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais e metodoloxía(s) de interpretación.
saber
A2
A4
A5
B3
B4
Describir, analizar e comparar textos (literarios, visuais, fílmicos, etc) representativos de tal relación e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
saber
saber facer
A4
A8
A10
B3
B4
Formular razoamentos críticos derivados da análise das obras artísticas analizadas que conduza á adquisición dun método sólido de análise literario-artística que transcenda a mera aproximación subxectiva e intuitiva aos textos obxecto de estudo.
saber
saber facer
A4
A6
A8
A10
B1
B3
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
saber
saber facer
A1
A7
A11
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
saber
saber facer
A3
A9
A13
B2
B5
Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co tipo de representación artística escollida e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
saber facer
A12
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000