Guia docente 2025_26
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Saúde, dependencia e vulnerabilidade social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentación da materia e formación dos grupos de traballo para a modalidade seminario.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumnado.
Eventos científicos Faladoiros realizados por distintas entidades locais, que ofrecen ao alumnado a oportunidade de afondar, complementar e contextualizar os contidos da materia a través da exposición de experiencias en primeira persoa vinculadas coa realidade social e sanitaria do entorno.
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Pódese empregar como complemento das clases teóricas
Resolución de problemas Actividade na que se formulan exercicios e/ou problemas directamente relacionados cos contidos traballados nos seminarios da materia. O alumnado deberá desenvolver solucións axeitadas mediante a análise de casos, a reflexión crítica, a aplicación de procedementos de interpretación e transformación da información dispoñible e a integración de coñecementos previos.
Aprendizaxe baseado en proxectos Actividade que combina a exposición por parte do alumnado, ante a docente e un grupo de estudantes, dun tema vinculado aos contidos da materia, coa realización de tarefas en equipo que implican a colaboración interdisciplinar e a resolución de problemas abertos. Esta dinámica fomenta a aprendizaxe cooperativa e permite adestrar competencias clave como o liderado, a organización, a comunicación, a capacidade crítica e o fortalecemento das relacións interpersoais. A participación activa no traballo grupal contribúe á integración dos coñecementos e á aplicación práctica dos contidos nun contexto real ou simulado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000