Guia docente 2025_26
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Saúde, dependencia e vulnerabilidade social
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Aínda que a lección maxistral é unha metodoloxía expositiva, facilitarase a atención personalizada mediante a creación de espazos para a resolución de dúbidas e a interacción co alumnado, tanto durante a clase como a través de titorías presenciais. Estas sesións permitirán adaptar o ritmo, clarificar conceptos teóricos e atender ás necesidades individuais na comprensión dos contidos.
Aprendizaxe baseado en proxectos Durante o desenvolvemento dos proxectos grupais, realizaranse seguimentos periódicos que permitirán detectar as necesidades específicas de cada grupo e de cada membro. A docente prestará apoio individualizado en aspectos como a organización do traballo, a clarificación de obxectivos, o reparto de tarefas e o desenvolvemento de competencias como o liderado ou a comunicación. Así mesmo, fomentarase a autorreflexión e o acompañamento no proceso de aprendizaxe.
Resolución de problemas Na análise e resolución de casos, ofrecerase orientación individualizada para guiar ao alumnado na identificación dos problemas, na interpretación da información dispoñible e na toma de decisións. Esta atención, realizada durante os seminarios, centrarase en favorecer a autonomía, pero tamén en adaptar os apoios segundo o nivel de competencia do alumnado, permitindo así un avance máis personalizado no manexo de situacións complexas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000