Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumnado. |
Seminario |
Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Pódese empregar como complemento das clases teóricas |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Actividade que combina a exposición por parte do alumnado, ante a docente e un grupo de estudantes, dun tema vinculado aos contidos da materia, coa realización de tarefas en equipo que implican a colaboración interdisciplinar e a resolución de problemas abertos. Esta dinámica fomenta a aprendizaxe cooperativa e permite adestrar competencias clave como o liderado, a organización, a comunicación, a capacidade crítica e o fortalecemento das relacións interpersoais. A participación activa no traballo grupal contribúe á integración dos coñecementos e á aplicación práctica dos contidos nun contexto real ou simulado. |