Valorarase a mesura, a comprensión da materia, o dominio dos materiais nas intervencións, a lóxica aplicada, a aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos.
12
A4 A5
B1 B6 B7
C12
D1 D2 D3 D5 D6 D8
Foros de discusión
Valorarase a mesura, a comprensión da materia, o dominio dos materiais nas intervencións, a lóxica aplicada, a aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos.
18
A4 A5
B1 B6 B7
C12
D1 D2 D3 D5 D6
Estudo de casos
O razoamento, o dominio de materiais, o caso escollido e a súa solución así como a presentación, serán criterios a ter en conta.
30
A5
B6
C12
D5 D6 D8
Exame de preguntas obxectivas
Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. As preguntas poderán ser sobre a teoría ou sobre un caso concreto exposto no exame.
40
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.
Para superar a materia, os/as estudantes deberán aprobar cada proba evaluativa por separado, cun mínimo de cinco para poder sumar as notas obtidas en cada parte para determinar o resultado final.
A información sobre as actividades evaluativas continua e global estará dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema.
O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda oportunidade) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma.
Toda a información dá materia estará dispoñible na plataforma Moovi. https://moovi.uvigo.gal
Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.
(*) A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma.
A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poder públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos.
ATENCIÓN! REFERENCIA SOBRE O USO RESPONSABLE DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA)
O uso de ferramentas de IA está permitido nesta materia sempre que se faga dun xeito ético,
responsable e transparente. Para iso, o estudantado deberá:
Utilizar a IA como apoio para a aprendizaxe, e non como substituto do pensamento crítico nin do traballo individual.
Revisar criticamente todas as actividades antes da súa realización ou entrega, xa que a responsabilidade última da tarefa ou actividade recae, en todo caso, no/na estudante.
Citar adecuadamente calquera contido xerado con IA, incluíndo os prompts utilizados e as respostas obtidas, seguindo o modelo de citación APA (7ª edición).
Evitar o uso da IA para realizar tarefas que deban reflectir competencias persoais (exames, reflexións individuais ou traballos prácticos avaliativos, etc.), salvo indicación expresa do profesorado.
Lembrar que o uso indebido da IA poderá ser considerado unha forma de fraude académico ou conduta deshonesta, e será tratado consonte a normativa disciplinaria vixente na Universidade de Vigo (UVigo).
A continuación, inclúese un exemplo de citación de prompts e respostas en formato APA (7ª edición). Para citar contido xerado por IA, recoméndase seguir o seguinte criterio:
Na lista de referencias:
OpenAI. (2025). Resposta xerada por IA a partir do prompt: “Explica a teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel” [IA xerativa]. ChatGPT. https://chat.openai.com/
No texto:
(OpenAI, 2025). Tamén se pode incluír o prompt nun apéndice ou nota ao pé de páxina se é relevante para a comprensión do traballo.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000