Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e técnica da comunicación radiofónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Ademais das prácticas de estudo, o alumnado deberá presentar traballos
sobre aspectos xerais tratados na clase. Así mesmo presentarán por escrito e con audios os guións de diversos programas e xéneros publicitarios da radio. Os alumnos deberán presentar tamén un traballo final resumo dalgún tema relacionado coa materia.
As prácticas suporán o 30 por cento da nota final, e o traballo o 20 por cento da nota final.
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. A ausencia das mesmas só eméndase mediante xustificante médico ou oficial. Cada falta non xustificada resta 0,25 puntos da nota final de prácticas. O alumno/a que non chegue ao 4 na nota final de prácticas ou non asista a todas as sesións ou non entregue os traballos propostos non terá opción a facer o test de 20 preguntas no exame teórico e deberá responder obrigatoriamente a 10 preguntas de desenvolvemento para superar a materia.
40
CE13
CT4
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame final consta de dous partes: 1) O alumnado deberá responder a cinco preguntas teóricas a desenvolver. 30
CG1
CG2
CE3
CT4
Exame de preguntas obxectivas 2) O alumnado deberá cubrir un test de 20 preguntas non excluíntes a valorar de 0 a 10. 30
CT4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Teoría e Técnica da Comunicación Radiofónica é unha materia presencial e por tanto a asistencia e o rendemento nas sesións prácticas é obrigatoria. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000