Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica da comunicación televisiva
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas autónomas a través de TIC As sesións maxistrais baséanse no traballo realizado de forma autónoma polo alumnado. As prácticas autónomas proporanse de xeito semanal e serán expostas e discutidas nas sesións maxistrais correspondentes.
Lección maxistral As sesións maxistrais baséanse no traballo semanal realizado de forma autónoma polo alumnado. Sobre a base do coñecemento previo adquirido polo alumnado desenvolveranse os contidos teóricos da materia.
Seminario Exposición de tendencias audiovisuais. Organización e seguemento da evolución dos traballos .
Prácticas de laboratorio Manexo de equipos de iluminación, gravación, son e edición de vídeo.
Traballo tutelado Tomando como base os seminarios e as prácticas de laboratorio o alumnado desenvolverá un proxecto de contido audiovisual e organizará a súa produción dentro do marco da Aprendizaxe-servizo.
Aprendizaxe-servizo Realización do contido audiovisual desenvolvido como traballo tutelado dentro do marco xeral da Aprendizaxe-servizo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000