Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica da comunicación televisiva
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias
Desenvolver habilidades de aprendizaxe autónoma. CB5
Analizar os elementos da comunicación televisiva e xerar coñecementos nesta disciplina. CG2
Interpretar a contorna económica, política, socio-cultural, tecnolóxica e comunicativa da industria televisiva. CG1
Describir a evolución histórica do medio televisivo, así coma os aspectos industriais, sociopolíticos e estéticos que inciden nos seus elementos, contidos e procesos publicitarios. CE1
Identificar a estrutura do sistema televisivo e as súas características como medio publicitario. CE3
Distinguir os procesos encamiñados á creación de contidos televisivos e á elaboración das mensaxes publicitarias en televisión e novas pantallas. CE5
Explicar os métodos de medición de audiencias dos contidos televisivos nas distintas pantallas e os principais datos derivados deles. CE3
Empregar tecnoloxías e técnicas de comunicación audiovisual en novos soportes. CE11
Producir contidos publicitarios audiovisuais de forma creativa: realizar pezas publicitarias básicas e supervisar a súa produción definitiva. CE13
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000