Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Sistemas avanzados de navegación aérea
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Memoria de prácticas (total - 4 memorias de un 5% cada uno) 20 B11
B12
B14
C4
C5
D9
Traballo tutelado Proxecto grupal 25 B11
B12
B14
C4
C5
D9
Exame de preguntas obxectivas Exame parcial I 27.5 B11
B12
B14
C4
C5
D9
Exame de preguntas obxectivas Exame parcial II 27.5 B11
B12
B14
C4
C5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O/a estudante terá dereito a optar pola avaliación global ou continua segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

------------------------------------------------------------

Avaliación continua: 

No caso de optar por esta opción, o alumnado deberá entregar os ítems indicados, en tempo e forma, polo profesorado da materia para aprobala en primeira oportunidade, sendo a porcentaxe de cada entregable o indicado na tabla anterior. A nota media final debe ser superior ou igual a 5 para superar a materia. 

As prácticas de laboratorio entregaranse en forma de informe reducido a avaliar polo profesorado. 

Para a avaliación do traballo tutelado, entregarase un informe detallado por grupo de todo o proceso e os resultados obtidos polos/as estudantes e cada grupo realizará unha exposición oral do traballo realizado.

Os exames parciais realizaranse presencialmente en horario lectivo en formato escrito, con preguntas de resposta curta e pequenos problemas relacionados cos conceptos da parte da materia avaliada.

En cada un dos ítems presentados, precisarase dunha nota mínima de 4/10 para poder aprobar a materia por avaliación continua en primeira oportunidade. Alén diso, a nota media dos dous exames parciais debe ser dun 4,5/10 como mínimo.

De non superar esta primeira oportunidade, as consecutivas (segunda oportunidade ou final de carreira) consistirán nun exame global das dúas partes da materia que corresponderá ao 100% da materia, terá unha duración de 4 horas (2 horas por parte) e faranse nas datas oficiais de exame da Escola. Será preciso acadar unha nota mínima de 5 en todas as partes do exame para aprobar a materia. Non se gardarán notas de cada unha das partes entre distintas convocatorias.

------------------------------------------------------------

Avaliación global: 

De non optar pola avaliación continua, as datas oficiais de exame en todas as convocatorias (primeira oportunidade, segunda oportunidade ou final de carreira) utilizaranse para que o/a estudante realice un exame global da materia, dividida en dúas partes como as indicadas na avaliación continua. A cualificación de devandito exame corresponderá ao 100% da materia. Será preciso acadar unha nota mínima de 5 en todas as partes do exame para aprobar a materia. Non se gardarán notas de cada unha das partes entre distintas convocatorias.

------------------------------------------------------------

O calendario das probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE está publicado na páxina web:

http://aero.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000