Guia docente 2025_26
Escuela de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Aerodinámica e aeroelasticidade avanzadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Casos de estudo a realizar ao longo do cuadrimestre de forma distribuída no tempo, e para cuxa resolución se empregarán diversos softwares. 55 B2
C1
D2
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame baseado na resolución de problemas e/ou preguntas conceptuais sobre os contidos da materia. Terá lugar na data oficial de exame. 40 B2
C1
D2
D5
Presentación Presentacións dos resultados dos casos de estudo a realizar polo alumnado ao longo do curso. 5 B2
C1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación de primeira oportunidade

(1) Estudantes que seguen a materia por Avaliación Continua 

Para superar a materia na primeira oportunidade mediante Avaliación Continua será necesario: 
- Unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das probas avaliables da materia (estudo de casos, exame de preguntas de desenvolvemento e presentación). 
- Asistir, como mínimo, ao 90% das sesións prácticas. 
No caso de non cumprir estas condicións, a nota final será o mínimo entre a media ponderada da Avaliación Continua e 4,9. 

(2) Estudantes que desexen ser avaliados mediante Avaliación Global 

A avaliación da materia na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola Avaliación Global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. 
A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O estudante deberá acadar unha cualificación mínima de 5,0 neste exame. O exame poderá incluír unha parte a realizar nunha sala de ordenadores e/ou laboratorio, e abranguerá a totalidade da materia impartida, así como os contidos tratados nas sesións prácticas e nos traballos realizados. 

Avaliación de Segunda Oportunidade e Fin de Carreira 

O estudantado que non superase a materia na primeira oportunidade poderá realizar un exame que suporá o 100% da nota final. Será necesario acadar unha nota mínima de 5,0 neste exame. O exame poderá incluír unha parte a realizar nunha sala de ordenadores e/ou laboratorio, e incluirá a totalidade dos contidos da materia, así como os traballos e sesións prácticas. 

En caso de detección de plaxio en calquera elemento de cualificación, a nota correspondente será un 0, e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000