Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Ferramentas para a investigación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realizarase un traballo práctico sobre diversos contidos da materia, que será presentado e defendido antes da finalización do cuadrimestre
RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
40 A4
A5
C1
D4
D10
D12
D13
Prácticas de laboratorio Realizaranse actividades prácticas, sesións de laboratorio guiadas, seminarios de resolución de problemas, etc.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
RA2, RA3, RA4, RA5
30 B8
D4
D10
D11
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse distintos exercicios prácticos ao longo do cuadrimestre relacionados coa materia impartida que permitan comprobar si o alumno adquiriu as competencias da materia.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
RA2, RA3, RA4
30 A5
B8
C1
D10
D11
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

A nota final do alumnado de avaliación continua será a media das probas realizadas ao longo do cuadrimestre de acordo coa seguinte distribución:

PROBA Tipo A: TRABALLO, PRESENTACIÓN E DEFENSA
  • Descrición: Realizarase un traballo práctico sobre diversos contidos da materia.
  • Metodoloxía: Traballo tutelado
  • % Cualificación: 40%
  • % Mínimo: 4 puntos sobre 10
PROBA Tipo B:
  • Descrición: Actividades progresivas a realizar durante a sesión, a entregar xeralmente a través da aula virtual. Cuestionarios, test, etC
  • Metodoloxía: Prácticas con apoio das TIC
  • % Cualificación: 30%. A nota final deste apartado será a media ponderada das actividades realizadas.
  • % Mínimo: 4 puntos sobre 10

PROBA Tipo C:

  • Descrición: Exercicios prácticos a entregar en datas concretas sobre os contidos da materia
  • Metodoloxía: Resolución de problemas e/ou exercicios
  • % Cualificación: 30%.
  • % Mínimo: 4 puntos sobre 10
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación global.

PROBA ÚNICA:

Exame práctico que consistirá na resolución de problemas e/ou exercicios. De acordo co alumnado, este traballo práctico poderá ser substituído pola realización de varios exercicios e traballos de forma autónoma e que pode incluír unha defensa ante o profesorado da materia.

  •  Metodoloxía Aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios
  •  % Cualificación: 100%
  •  % Mínimo: 5 sobre 10
  •  Competencias avaliadas: todas as da materia
  •  Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA

Empregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para o sistema de avaliación global exposto anteriormente.

PROCESO DE
CUALIFICACIÓN DE ACTAS



Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria,
en caso de non superar algunha parte da avaliación, pero a puntuación global
fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.

DATAS DE
AVALIACIÓN



As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación
continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.



As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias,
aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na
páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

 

EMPREGO DE
DISPOSITIVOS MÓBILES



Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de
dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo
13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do
estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de
avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da
universidade."

 

CONSULTA/SOLICITUDE
DE TITORÍAS



As titorías poden consultarse a través da páxina
persoal do profesorado, accesible a través de
https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000