Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Seguridade en redes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Resolución de prácticas e realización de informes cos resultados obtidos.
40 A2
B1
B8
C4
C9
C20
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
Traballo tutelado Traballo guiado que complementa os contidos da materia.
Os resultados da aprendizaxe son:
*RA1, *RA2, *RA3, *RA4
40 A2
B1
B8
C4
C9
C20
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
Exame de preguntas obxectivas Se realizará una proba de coñecementos tanto teóricos como prácticos adquiridos ao longo do curso 20 A2
B1
B8
C4
C9
C19
C21
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ofreceranse dúas alternativas de avaliación: continua e global.

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consistirá en:

- Realización das prácticas (coa entrega dos informes de realización nas datas sinaladas. Terá unha ponderación do 40 %).

- Realización dun traballo práctico proposto polo alumno ou o profesor. Terá unha ponderación do 40%

- Realización dunha proba tipo test de coñecementos xerais da materia. Terá unha ponderación do 20%.

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

Considérase que o alumnado opta polo sistema de avaliación global se non realiza o 50% das prácticas.

Primeira edición das actas: este sistema empregarase para o alumnado que non opte pola avaliación continua.

Segunda edición das actas e edición de Fin de Grao: este sistema será empregado para todo o alumnado.

Proba única: proba de opción múltiple e resposta longa.

Puntuación: Esta proba puntuará o 100%.

REGISTRO PROCESO DE CUALIFICACIÓN

Independentemente da convocatoria, a cualificación en actas será a suma dos puntos obtidos en cada unha das partes avaliadas. No caso de non ter unha puntuación superior ou igual a 5, a puntuación das partes superadas conservarase para a 2a convocatoria.

DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de exames de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI. Publicado en: https://esei.uvigo.es/docencia/exames/

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES

Lémbrase a todo o
alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en exercicios e
prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que
establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en
procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que
se realicen ou en documentos oficiais da universidade."

CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS

As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvi

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das cualificacións obtidas para cursos académicos posteriores.

No caso de detectarse plaxio durante algunha das entregas, o alumno ou alumna será cualificada cun suspenso (0) e a situación será comunicada ao Departamento de Máster e ás autoridades universitarias correspondentes para que adopten as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000