SISTEMA DE AVALIACIÓN
CONTINUAPROBA 1:
Seminario Descrición:
Realización dun estudo para a identificación de alternativas para
as distintas ferramentas empregadas na xestión da configuración de
software.
O alumnado deberá presentar e defender as
conclusións do seu estudo.
Tras as sesións de presentación e
defensa farase un debate moderado polo profesorado sobre o estudo
entre todo o alumnado da materia.
Terase en conta a
participación activa do alumnado no debate dos traballos e a
capacidade do alumnado para avaliar o traballo dos/as compañeiros/as.
Metodoloxía(s) aplicada(s):
Seminario % Cualificación:
20% Competencias avaliadas:
A4, A5, C1, C2, C4, D1, D4, D11, D13
Resultados previstos na materia:
RA3, RA4, RA6
PROBA 2:
Proxecto
Descrición:
Desenvolvemento dun proxecto no que se aplicarán os conceptos de
xestión de configuración de software tratados na materia.
Durante
o tempo de duración do proxecto deberanse facer varias entregas
semanais que serán avaliadas.
Metodoloxía(s) aplicada(s):
Proxecto % Cualificación:
40% Competencias avaliadas:
A2, B1, B9, C1, C2, C4, D2, D3, D4, D5, D6, D7, D10, D12, D13
Resultados previstos na materia:
RA1, RA3, RA4, RA5, RA6
PROBA 3:
Estudo de casos
Descrición:
Traballo no que o alumnado deberá deseñar unha proposta dun fluxo
de desenvolvemento que dea soporte a un proxecto cunhas
características determinadas (20% da nota).
Ademais, deberán
configurar unha contorna de desenvolvemento baseado no fluxo proposto
(20% da nota).
Durante a realización deste traballo contarase
coa supervisión continua do profesorado e deberá facerse unha
defensa final.
Metodoloxía(s) aplicada(s):
Estudo de casos % Cualificación:
40% Competencias avaliadas:
A2, A4, A5, B1, B9, C1, C2, C4, D1, D2, D4, D7, D10, D11, D12, D13 Resultados previstos na materia:
RA2, RA3, RA4, RA5, RA6
SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBALProcedemento para a elección da
modalidade de avaliación
global: ao longo do primeiro mes
da materia, aquel alumnado que así desexe,
poderá
solicitar, a través
do Moovi da materia, ser avaliado co método de avaliación
global. PROBA 1:
Presentación Descrición:
Realización dun estudo para a identificación de alternativas para
as distintas ferramentas empregadas na xestión
da configuración de software.
O alumnado deberá presentar e defender as
conclusións do seu estudo.
Metodoloxía(s) aplicada(s):
Presentación % Cualificación:
20% Competencias avaliadas:
A4, A5, C1, C2, C4, D1, D4, D11, D13
Resultados previstos na materia:
RA3, RA4, RA6
PROBA 2:
Exame de preguntas de desenvolvemento
Descrición:
Realización dun exame con preguntas de desenvolvemento de carácter
teórico e práctico sobre os contidos da materia. Metodoloxía(s) aplicada(s):
Exame de preguntas de desenvolvemento % Cualificación:
40% Competencias avaliadas:
A2, B1, B9, C1, C2, C4, D2, D3, D4, D5, D6, D7, D10, D12, D13
Resultados previstos na materia:
RA1, RA3, RA4, RA5, RA6
PROBA 3:
Estudo de casos
Descrición:
Traballo no que o alumnado deberá deseñar unha proposta dun fluxo
de desenvolvemento que dea soporte a un proxecto cunhas
características determinadas (20% da nota). Ademais, deberán configurar unha contorna de
desenvolvemento baseado no fluxo proposto (20% da nota). Deberá facerse unha demostración da contorna
funcional e unha defensa do mesmo. Metodoloxía(s) aplicada(s):
Estudo de casos % Cualificación:
40% Competencias avaliadas:
A2, A4, A5, B1, B9, C1, C2, C4, D1, D2, D4, D7, D10, D11, D12, D13 Resultados previstos na materia:
RA2, RA3, RA4, RA5, RA6
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA E FIN DE CARRERAEmpregaranse os sistemas de
avaliación expostos anteriormente. Aquel alumnado que non fose avaliado durante
convocatorias previas será avaliado aplicando os criterios da avaliación
global. Respecto á avaliación continua,
no caso de non superar o “Seminario” substituiranse pola proba “Presentación” recollida
no sistema de avaliación global. O resto das metodoloxías de avaliación
manteranse igual.
PROCESO DE
CUALIFICACIÓN
DE ACTASEn calquera das convocatorias, o alumnado deberá
superar cada unha das metodoloxías de avaliación e das probas
parciais das que se compoñen para superar a materia. Considerarase
que unha metodoloxía de avaliación está superada cando se obteña
unha puntuación igual ou superior ao 50% da nota máxima da dita
metodoloxía. Ademais, considerarase que unha proba está superada
cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 40% da nota
máxima da devandita proba. No caso de que un/ha alumno/a non supere
algunha das metodoloxías e/ou probas, asignarase un máximo de 4,9
puntos como nota final da materia.
DATAS DE AVALIACIÓNAs datas das probas correspondentes ao sistema
de avaliación
continua se publicará no calendario de actividades, dispoñible na
páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. As datas oficiais de exame das diferentes
convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI,
atópanse publicadas na páxina
web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.
EMPREGO DE
DISPOSITIVOS MÓBILESLémbrase a todo o alumnado a prohibición do
uso de dispositivos móbiles
en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo
13.2.d)
do Estatuto do
Estudante
Universitario, relativo aos deberes do
alumnado universitario, que establece o deber de "Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas
de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos
oficiais da universidade"
CONSULTA/SOLICITUDE DE
TITORÍASAs titorías
poden consultarse a través
da páxina
persoal do profesorado, accesible a través
de
https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/. |