Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas de Información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Asistencia regular ao laboratorio de prácticas e participación (formulación de dúbidas sobre o traballo, etc.). Para os alumnos non asistentes, de segunda convocatoria ou fin de carreira, realizarase de forma complementaria un traballo teórico de ampliación dos contenidos da materia. RESULTADOS DE APRENDIZAXE AVALIADOS: RA1, RA3, RA4, RA5. 30
CB2
CG1
CG8
CE4
CE8
CT6
CT10
CT12
Proxecto Realización de proxectos entregables de desenvolvemento de software relacionado cos contidos da materia. RESULTADOS DE APRENDIZAXE AVALIADOS: RA1, RA3, RA4, RA5. 35
CB2
CG1
CG3
CG8
CG9
CE4
CE8
CT5
CT6
CT7
CT10
CT12
Estudo de casos Aplicación das metodoloxías e ferramentas de Business Inteligence a un caso de estudo, para a xeración de informes e conclusións. RESULTADOS DE APRENDIZAXE AVALIADOS: RA1, RA2 35
CB2
CG1
CG3
CG8
CG9
CE4
CE8
CT4
CT6
CT7
CT12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

  • Considéranse asistentes aqueles alumnos que asistiron polo menos ao 25% de as clases presenciais.
  • Para superar a asignatura en calquera convocatoria, a cualificación final debe ser igual ou superior a 5, debéndose obter como mínimo un 3,5 (sobre 10) na parte de "proxecto", na de  "estudo de casos" e en "prácticas de laboratorio".
  • A nota por asistencia a clase calcularase de forma proporcional á asistencia real do alumno (non existindo ningunha porcentaxe de faltas permitidas).
Ponderación

Cualificación final = 0,30 * participación + 0,35 * proxectos + 0,35 * estudo de casos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTE

Para superar a materia, a cualificación final debe ser igual ou superior a 5, debéndose obter como mínimo un 3,5 (sobre 10) en cada unha das probas (traballo teórico, proxecto, estudo de casos).

Metodoloxía/Proba 1: Traballo teórico.

  • Descrición: Realización dun traballo teórico de ampliación dos contidos da materia (reemplaza á nota de asistencia).
  • % Cualificación: 30% (Para liberar esta parte, o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 3,5 puntos sobre 10).
  • Competencias avaliadas: CG8, CB2.
  • Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA4.

Metodoloxía/Proba 2: Proxectos.

  • Descrición: Realización de proxectos entregables de desenvolvemento de software relacionado cos contidos da materia. 
  • % Cualificación: 35% (Para liberar esta parte, o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 3,5 puntos sobre 10).
  • Competencias avaliadas: CB2, CG1, CG3, CG8, CG9, CE4, CE8, CT5, CT6, CT7, CT10, CT12.
  • Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA3, RA4, RA5.

Metodoloxía/Proba 3: Estudo de casos

  • Descrición: Aplicación das metodoloxías e ferramentas de Business Inteligence a un caso de estudo, para a xeración de informes e conclusións.
  • % Cualificación: 35% (Para liberar esta parte, o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 3,5 puntos sobre 10).
  • Competencias avaliadas: CB2, CG1, CG8, CG9, CE4, CE8, CT4, CT6, CT7, CT12.
  • Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2.

Ponderación

Cualificación final = 0,30 * traballo teórico + 0,35 * proxectos + 0,35 * estudo de casos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Empregarase o mesmo esquema de avaliación detallado na sección "CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES".

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Independientemente da convocatoria e do tipo de asistencia, no caso de non superar algunha parte da avaliación, cando a puntuación total ponderada fose superior a 5 sobre 10, a cualificación en actas será de 4,9.

DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000