Guia docente 2020_21
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Desenvolvemento de aplicacións para internet
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Asistencia regular e participación activa na resolución de exercicios no laboratorio de prácticas.

Resultados de aprendizaxe: RA2, RA3, RA4, RA5 e RA6
10 CB2
CB4
CB5
CG9
CE12
CE13
CE18
CE19
CE20
CT4
CT5
CT6
CT9
CT14
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de diferentes probas e actividades ó longo do curso que recollerán contidos de carácter teórico e práctico correspondentes á materia impartida durante as clases de aula.

Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5 e RA6.
40 CB2
CB5
CG9
CE18
CE19
CE20
CT4
CT11
Presentación Preparación e presentación en pequenos grupos dun tema relacionado coa materia. Na avaliación do traballo terase en conta o contido do traballo, a presentación oral do mesmo e a contextualización dentro da materia. Ademáis, avaliarase a capacidade do alumnado para calificar os traballos presentados polos compañeiros.

Resultados de aprendizaxe: RA1
10 CB4
CB5
CT4
CT7
CT9
CT11
CT14
Proxecto Realización dun proxecto no que se apliquen de forma práctica os contidos teóricos e prácticos da materia.

Resultados de aprendizaxe: RA2, RA3, RA4, RA5, RA6 e RA7.
40 CB2
CB4
CB5
CG6
CG9
CE12
CE13
CE14
CE18
CE19
CE20
CE23
CE27
CE36
CT4
CT5
CT6
CT9
CT14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1ª EDICIÓN DAS ACTAS

Consideraranse como alumnos asistentes aqueles que asistan, alomenos, a un 25% das clases prácticas que se teñan en conta na metodoloxía de "Prácticas de laboratorio".

[Asistentes]
Cualificación final = 0.1 * nota de "Presentación" + 0.1 * nota de "Prácticas de laboratorio" + 0.4 * nota de "Proxecto" + 0.4 * nota de "Resolución de problemas e/ou exercicios"

[Non asistentes]
No caso dos non asistentes, o traballo de "Presentación" poderá
realizarse de forma individual e só se presentará ante o profesorado da
materia.

Cualificación final = 0.1 * nota de "Traballo teórico" + 0.45 *
nota de "Proxecto" + 0.45 * nota de "Resolución de problemas e/ou exercicios"


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2ª EDICIÓN DAS ACTAS E FIN DE CARREIRA

No caso das edicións das actas segunda e fin de carreira, o traballo de
"Presentación" poderá realizarse de forma individual e só se presentará
ante o profesorado da materia. A avaliación será a mesma para asistentes
e non asistentes.

Cualificación final = 0.1 * nota de "Presentación" + 0.45 *
nota de "Proxecto" + 0.45 * nota de "Resolución de problemas e/ou exercicios"


PROCESO DE CALIFICACIÓN DAS ACTAS

En calquera das convocatorias, o alumno deberá superar cada unha das metodoloxías de avaliación e das probas parciais das que se compoñen para superar a materia. Considerarase que unha metodoloxía de avaliación está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 50% da nota máxima da devandita metodoloxía. Ademais, considerarase que unha proba está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 40% da nota máxima da devandita proba. No caso de que un alumno non supere algunha das metodoloxías e/ou probas, asignarase un máximo de 4.9 puntos como nota final da materia.

No caso concreto da metodoloxía de "Prácticas de laboratorio" non se requerirá unha puntuación mínima.


DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000