Guia docente 2021_22
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Medidas de Atención á Diversidade para Persoas con Altas Capacidades
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Medidas de Atención á Diversidade para Persoas con Altas Capacidades Código O05M138V01202
Titulacion
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
4.5 OP 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
González Fernández, Antonio
Correo-e aglez@uvigo.es
Profesorado
Díaz Pereira, María del Pino
González Fernández, Antonio
González Fontão, María del Pilar
Web
Descrición xeral En liña coa atención ás diferentes características e circunstancias persoais que configuran a heteroxeneidade no ámbito educativo, e a cobertura das específicas necesidades que poidan presentar os alumnos/as, un dos aspectos que reclama atención diferenciada é o alumnado altamente capacitado.

Os alumnos/as que nalgún aspecto do seu desenrolo presentan elevadas capacidades cognitivas, un talento superior, maiores posibilidades de aprendizaxe que os seus compañeiros, …, non poden, desde o punto de vista educativo e social, ser ignorados a risco de non favorecer o pleno desenrolo de seu potencial e futuro desenrolo profesional.

É innegable, ademais, o dereito que lles asiste a recibir unha educación acorde as súas circunstancias e adaptada as súas necesidades no marco dunha escola comprensiva e inclusiva. No marco lexislativo regúlanse distintos aspectos relacionados co diagnóstico, atención e resposta ás necesidades específicas de apoio educativo que presentan os estudiantes altamente capacitados.

Neste sentido, é necesario prestar a máxima atención ao proceso de identificación e valoración das necesidades educativas dos alumnos máis capaces (sobre todo nun momento no que se detecta un crecente interese en distintos sectores da sociedade en que se recoñeza esta condición nun número cada vez maior de alumnos/as) e deseñar a resposta educativa máis axeitada en relación ós apoios e ós servicios que eventualmente poidan requirir ó longo do proceso de escolarización.

Outro ámbito específico a considerar en relación coas altas capacidades, ten que ver coa práctica deportiva de alto rendemento.

A maioría destes mozos/as deben compatibilizar as esixencias e obxectivos que esixe o entrenamento de alto nivel co seu desenrolo académico e profesional, requirindo dos profesionais educativos diferentes estratexias de apoio psicolóxico e educativo que serán revisadas nesta materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000