Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Medidas de Atención á Diversidade para Persoas con Altas Capacidades
   Recomendacións


 
Outros comentarios
1. Asistir o primeiro día de clase resultarache moi beneficioso para comprender os obxectivos xerais da materia e a súa dinámica organizativa. Na primeira sesión, os profesores da materia darán unha visión de conxunto e anticiparán as tarefas e actividades que serán desenvolvidas. 2. Será especialmente importante acudir ás titorías dos/as profesores/as sempre que o necesites, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade “TEMA”. Nela poderás atopar todas as actividades que deberás realizar para a túa formación e a superación desta materia, avisos, cualificacións, etc. 3. A túa condición de alumno/a da Universidade de Vigo ábreche as portas a moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE atoparás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes encontrar na nosa Universidade. 4. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000