Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Medidas de Atención á Diversidade para Persoas con Altas Capacidades
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos relacionados co ámbito da diversidade que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Coñecer e analizar as situacións reais de diversidade que se poden ver reflectidas nos contextos educativos, tanto formais como non formais, empregando procesos sistemáticos de indagación.
B4 Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas idóneas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas.
B5 Adquirir un compromiso ético no desenvolvemento da profesión, nomeadamente no referido ao apoio dos colectivos e sectores sociais discriminados e menos favorecidos.
C1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
C3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
C4 Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que impliquen avances de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diverso tipos de audiencias.
C5 Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica
C6 Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional
C7 Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade
C9 Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade
C13 Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade
D2 Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de portafolios
D3 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
D4 Adquirir as habilidades básicas para o debate e a exposición de ideas fundamentadas
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000