Sesión maxistral |
Exposición por parte da profesora na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. |
Traballos tutelados |
En pequeno grupo o alumnado elabora un documento-traballo sobre un dos aspectos da materia, preferentemente sobre un dos ámbitos da cooperación para o desenvolvemento no traballo social. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, contextualización nun país en vías de desenvolvemento, redacción. Asesoramento por parte da profesora na aula e en titorías grupais. Traballo en grupo e supervisión de traballos. |
Seminarios |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema/ámbito específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. Convite a profesionais externos ou ponentes de prestixio que permiten completar os contidos da materia e unha aproximación á praxe profesional contiá. |
Presentacións/exposicións |
Traballo persoal do alumnado. Exposición por parte do alumnado ante a docente e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán ao alumnado. Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos. |