Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e cooperación ao desenvolvemento
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Traballo social e cooperación ao desenvolvemento Código O05G220V01905
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Salgado Rodríguez, Eva María
Correo-e evasalgadorguez@hotmail.com
Profesorado
Salgado Rodríguez, Eva María
Web
Descrición xeral A Cooperación Internacional, e concretamente, a Cooperación para o Desenvolvemento, nas que as ONG´s son axentes de intervención clave, preséntanse como un novo ámbito formativo e de emprego para os e as traballadoras sociais.

Os complexos retos que van asociados á pobreza global e ao desenvolvemento están cada vez máis presentes nas demandas profesionais das axencias, gobernos, ONG´s e organizacións académicas. Estos retos demandan profesionais do traballo social que poidan integrar un pensamento crítico e práctico dende diversas perspectivas para a búsqueda de solucións significativas e pacíficas.

Esta materia pretende profundizar en aspectos como desenvolvemento/subdesenvolvemento; desigualdade e dominio nas relacións Norte-Sul; pobreza-vulnerabilidade e exclusión social; proxectos de desenvolvemento integral, perspectiva de xénero no deseño e avaliación dos programas e proxectos de cooperación, Xustiza Social-Dereitos Humanos.

O obxectivo da materia é que o alumnado sexa quen de comprender e analizar a perspectiva do desenvolvemento como unha realidade complexa dende as súas causas globais e locais, orientada contra a pobreza e exclusión social, é dicir, hacia o cambio; e que adquira as competencias que lle leven a intervir de xeito eficaz en contextos internacionais, nos que se traballe pola xustiza social e o cumprimento dos dereitos humanos.

Esta materia relaciona a Cooperación Internacional para o Desenvolvemento co Traballo Social Comunitario, xa que dalgunha maneira, a Cooperación Internacional consiste en impulsar o desenvolvemento das comunidades, concretamente dos numerosos pobos e minorías étnicas que viven en dramáticas situacións, nun contexto no se poidan satisfacer as súas necesidades e canalizar as súas demandas, así como preparar ao/á estudante para súa integración en equipos interdisciplinares de cooperación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000