|
As datas oficiais e espazos dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas exames". O alumnado da modalidade de avaliación Continua terá que asistir polo menos ao 80% das clases para ser avaliado nesta modalidade. Será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos no traballo de investigación e no exame para que poidan facer media. As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como
aprobadas nese curso académico. O alumnado da modalidade de avaliación Non Continua deberá examinarse na data oficial do exame, que será diferente que o exame das persoas presenciais. O exame de non presenciais abarcará temas teóricos e prácticos da materia. Para o alumnado de avaliación Non Continua: o exame será o 100% da nota. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). O emprego de ferramentas de IA nas actividades de avaliación desta materia deberá axustarse a un uso responsable, ético e transparente, conforme ás directrices da FETS (Normativa e formularios – Facultade de Educación e Traballo Social) e á Normativa que estableza a UVigo". |