Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación e animación sociolaboral
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Educación e animación sociolaboral Código O05G130V01701
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Fernández González, María Reyes
Correo-e ofoe-to@uvigo.es
Profesorado
Brea Castro, Millán
Fernández González, María Reyes
Web http://http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
Descrición xeral O emprego é unha das experiencias máis significativas na vida das persoas e á que se dedica unha parte moi considerable da vida de éstas. Constitúe para moitas persoas un dos aspectos máis centrais e importantes na vida, tanto en referencia á propia identidade persoal, como ao propio desenvolvemento, crecemento individual e logro de expectativas e valores.
O proceso de incorporación ao mundo laboral non pode ser alleo ás características persoais e ocupacionais de cada persoa, a un coñecemento do mercado laboral nin á realización dun proxecto profesional e persoal de busca de emprego.
Nesta materia se presentan elementos facilitadores do proceso de incorporación/cambio de emprego e se analizan os recursos dispoñibles que poden axudar a facilitar a inserción, sendo un deles a educación e animación sociolaboral.
Asimesmo se desenvolven as diferentes funcións que deben desempeñar os e as profesionais deste ámbito de intervención con distintos colectivos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000