Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación e animación sociolaboral
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
B1 Transmitir, promover e desenvolver a cultura
B2 Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais
B3 Intervir como mediador social, cultural e educativo
B4 Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos
B5 Deseñar, implementar e evaluar programas e proxectos socioeducativos
B6 Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos
C1 Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa
C2 Estar capacitado/a para o diagnostico e a mediación na prevención e resolución de conflitos en condicións de desigualdade e crises en comunidades socioeducativas
C4 Analizar e diagnosticar a realidade complexa que fundamenta o desenvolvemento dos procesos socioeducativos
C5 Coñecer os fundamentos do deseño e uso dos medios, recursos e estratexias para a intervención socioeducativa e incorporalos nos diferentes ámbitos de acción socioeducativa
C6 Comprender a traxectoria da educación social e a configuración do seu campo e identidade profesional, a nivel comunitario, estatal, europeo e internacional
C7 Manexar con criterio métodos e estratexias de investigación cuantitativas e cualitativas, e aplicalas ás realidades socioeducativas
C8 Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...)
C9 Desenvolver programas e proxectos no contexto familiar e escolar
C11 Organizar e administrar proxectos e servizos culturais, ambientais, de lecer e tempo libre
C12 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención socioeducativa no ámbito do desenvolvemento comunitario e cooperación ao desenvolvemento
C13 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención no ámbito cultural
C19 Administrar, coordinar e supervisar entidades, equipamentos e grupos, en función de diferentes contextos e necesidades
D1 Capacidade de análise e síntese
D4 Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional
D15 Creatividade
D17 Iniciativa e espírito emprendedor
D18 Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000