Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación e animación sociolaboral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma De carácter obrigatorio. O traballo de curso será especificado polo profesorado ao inicio do mesmo. A súa estrutura e criterios de avaliación serán explicados na aula e subidos a Moovi. Será realizado de forma xeral en pequeno grupo.
Traballo tutelado De carácter obrigatorio. Serán realizados de xeito individual ou en pequenos grupos. Consistirán na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia. Serán realizados na aula (horas B) principalmente mediante o uso das TICs, visitas, reunións con profesionais,... e recibirán unha supervisión (tutela) continua por parte do profesorado.
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de modo expositivo ao grupo de clase polo/a profesor/a que centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000