Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación e animación sociolaboral
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O alumnado ten a posibilidade de presentar as súas dúbidas no desenvolvemento de cada unha das sesións. O profesorado, atendendo as súas solicitudes, repasará conceptos, proporá novos exemplos... Así mesmo, os e as estudantes poderán revisar a cualificación obtida na proba final escrita, formada á súa vez por duas probas, comprobando que esta se axusta aos criterios de avaliación establecidos nesta guía docente.
Resolución de problemas de forma autónoma Realizarase atención personalizada a demanda nas horas de titoría individualizada que consta na web da facultade, preferentemente previa cita.
Traballo tutelado Nestas sesións en grupos reducidos, resolveranse de forma individualizada as dúbidas formuladas polo alumnado, en especial cando sexan comúns a varios deles ou ilustren un caso interesante. Se a cuestión é máis particular ou non queda plenamente resolta para algún estudante, trataríase nas horas de titoría individualizada, concertada preferentemente previa cita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000