Guia docente 2021_22
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa para a inclusión social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Intervención socioeducativa para a inclusión social Código O05G130V01405
Titulacion
Grao en Educación Social
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Barreira Arias, Alberto José
Correo-e abarreira@uvigo.es
Profesorado
Barreira Arias, Alberto José
Web
Descrición xeral O ámbito profesional do educador/a social é moi amplo, e entre a variade de ámbitos profesionais cobra un especial interese a poboación en situación de exclusión social. Favorecer a inserción social de persoas e colectivos desta poboación, atender as súas necesidades sociais, culturais, educativa, sanitarias e laborais e previr esas situacións son algúns dos contidos da práctica profesional do educador/a social.
Este profesional necesita dunhas bases teóricas e metodolóxicas que poidan ser alicerces da súa intervención, así mesmo necesita dunhas estratexias de intervención de carácter sociopedagóxico que lle faciliten coñecer a achegarse aos colectivos e persoas desadaptadas.
Dende esta materia preténdese dar resposta a ámbolos dous aspectos, dotando ao profesional da Educación Social das competencias e coñecementos necesarios para o seu desenvolvemento, así como das bases da indagación e o coñecemento autónomo, que serán fundamentais para a súa continua reciclaxe e adaptación ao cambiante medio onde terá que exercer a súa profesión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000