Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa para a inclusión social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Tutelarase a elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa sobre a temática da materia, que o alumnado realizará de forma autónoma, individual ou en grupo, e/ou baixo as directrices e supervisión do profesor. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C18
C19
C20
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D10
D12
D15
D16
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
C2
C4
C5
C7
C18
C20
D1
D4
D5
D6
D7
D12
D16
Foros de discusión Foro de discusión nun entorno virtual no que se debate sobre algún tópico relacionado coa materia 10 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
C6
C18
D1
D3
D4
D5
D9
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.
15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C18
C19
C20
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D10
D12
D15
D16
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
C1
D1
D5
D6
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nota: As cualificacións do cadro precedente aparecen expresadas en porcentaxes

MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA

As probas de avaliación contínua, tanto presenciais como telemáticas, realizaránse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia.

Para superar a materia será necesario, acadar como mínimo o 50% da puntuación en cada un dos seguintes subapartados, é decir:

1.-Traballos Tutelados:

-Elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa (necesario obter un mínimo de 1,75, sendo o máximo 3,5)

2.-Actividades de aula colaborativas (necesario obter un mínimo de 0,75 ,sendo o máximo 1,5)

3.-Estudo de casos e/ou análise de intervencións socioeducativas (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1 )

4.-Test (modalidade A) (necesario obter un mínimo de 1,5, sendo o máximo 3)

5.-Foro de discusión: (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1.

Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.

MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL

A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación contínua. O alumnado non asistente deberá contactar a inicio de curso cos docentes da materia e optarán por unha avaliación global. Aquel alumnado que non cumpra o requisito de asistencia mínima (en torno ó 70%-80% das clases teórico-prácticas) pasará a ser considerado alumnado non asistente, optando por unha avaliación global.

As probas de avaliación global realizaránse sempre na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do periodo de probas oficiais marcado no calendario académico de cada curso.

A avaliación deste alumnado farase de igual xeito que a do alumnado presencial, agás nas Actividades de aula colaborativas, sendo incrementada a puntuación correspondente destas á Elaboración do proxecto e ao exame tipo Test (modalidade B). É decir, para superar a materia haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación nos seguintes subapartados:

1.-Traballos Tutelados:

-Elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa (necesario obter un mínimo de 2, sendo o máximo 4 )

2.-Estudo de casos e/ou análise de intervencións socioeducativas (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1)

3.-Test (modalidade B) (necesario obter un mínimo de 2, sendo o máximo 4)

4.- Foro de discusión: (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1).

Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.

IMPORTANTE:

--A fórmula a aplicar na proba tipo test será: P=A-(E/n-1), onde P=puntuación, A= acertos, E=erros, n=nº de alternativas de resposta. Haberá 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas a correcta.

-As actividades teóricas e prácticas poderán ser realizadas polo alumnado asistencial individualmente ou en grupo (máximo de 4-6), segundo se indique. O alumnado non asistencial realizará as actividades de xeito individual.

SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO):

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. 

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,considerándose,polo tanto,como aprobadas nese curso académico.

DATAS DE AVALIACIÓN, CURSO 2023-24

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade de educación no espazo "datas exames"

OBSERVACIÓNS

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000