Guia docente 2026_27
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Obradoiro de creatividade artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os contidos teóricos traballados nas sesións de lección maxistral avalíanse a través do Portafolio dixital individual. Véxase o ítem Cartafol/dossier. 0 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B7
C12
C41
C61
C62
C63
C64
D5
D8
D13
D16
D20
D21
Traballo tutelado Avaliación a través da entrega, exposición e defensa de proxectos artístico-didácticos elaborados de xeito individual, en parella ou en equipo. Valorarase a execución técnica/conceptual, a orixinalidade e a capacidade de relacionar a práctica artística coa educación infantil.
Nota mínima: 5.
40 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C12
C25
C29
C59
C62
D1
D2
D7
D13
D15
D16
D20
Obradoiro Avaliación a través da entrega e exposición de prácticas realizadas no obradoiro. Valorarase a execución técnica e conceptual, a creatividade, a capacidade reflexiva e a dimensión didáctica dos traballos.
Nota mínima: 5.
35 C53
C55
C56
C59
C62
D1
D7
D13
D17
D21
Cartafol/dossier Avaliación a través dun portafolio dixital individual de elaboración progresiva. Recolle a reflexión e a aprendizaxe sobre os contidos teóricos traballados durante o cuadrimestre. A súa elaboración permite demostrar a adquisición dos coñecementos conceptuais da materia.
Nota mínima: 5.
25 A3
A5
B1
B11
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado que segue a avaliación continua:

O alumnado que siga a avaliación continua deberá entregar todas as prácticas, proxectos e portafolio que se avalúen nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria (mínimo esixido: 80% das sesións teóricas e prácticas). As entregas estarán programadas.

Avaliación global:

O alumnado de avaliación global deberá poñerse en contacto co profesorado da materia durante o primeiro mes de clase para coñecer en detalle os traballos e exercicios que deberán entregarse. O alumnado que opte por esta modalidade deberá superar unha proba escrita sobre os contidos teóricos presentados nas clases maxistrais, así como o resto dos traballos prácticos.

Segunda oportunidade:

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª.

As datas das probas de avaliación poden consultarse na páxina web da Facultade de Educación e Traballo Social.

O emprego de ferramentas de IA nas actividades de avaliación desta materia deberá axustarse a un uso responsable, ético e transparente, conforme ás directrices da FETS (https://fcce.uvigo.es/gl/o-centro/normativa-e-formularios/#normativa) e á Normativa que estableza a UVigo.

En coherencia co carácter inclusivo da Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presenten os estudantes adscritos ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, adaptaranse os contidos, a planificación, os recursos metodolóxicos e o sistema de avaliación do alumnado do curso ponte asegurando, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi no que se facilitará información sobre as tarefas e probas de avaliación que orientarán o desenvolvemento desta materia ao alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000