Guia docente 2026_27
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Obradoiro de creatividade artística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo ou exercicio que o/a estudante ten que desenvolver. Inclúe momentos de participación activa, debate e posta en común que favorecen a reflexión colectiva sobre os temas traballados.
Traballo tutelado O alumnado, de xeito individual, en parella ou en grupo, elaborará propostas didáctico-artísticas sobre a temática da materia. Pautaranse entregas parciais e revisarase o avance das materializacións finais con revisións intermedias, postas en común e presentación de tarefas específicas, promovendo a reflexión colectiva e o traballo colaborativo sobre os procesos creativos.
Obradoiro Actividades de creación artística enfocadas á adquisición de coñecementos sobre procedementos, técnicas e procesos propios da educación artística, coa asistencia específica por parte da docente. O alumnado realiza prácticas individuais, en parella e en equipo que se presentan e debaten na aula, fomentando o intercambio de ideas e a aprendizaxe colaborativa entre iguais.
Cartafol/dossier Instrumento de documentación e reflexión individual sobre os contidos teóricos traballados durante o cuadrimestre. O alumnado constrúe este portafolio de xeito progresivo ao longo do curso, integrando aprendizaxes conceptuais, artísticos e didácticos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000