Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da lingua e a literatura infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Valorarase o interese e a participación, a aplicación didáctica, a creatividade e a expresión oral: corrección e fluidez. 40
Traballos de aula A participación activa e implicación nos traballos de aula serán obxecto de avaliación continua. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas sobre contidos teóricos da materia.Ademais de comprobar o nivel de coñecementos avaliarase a competencia do estudante:
-Para elaborar un discurso persoal coherente e correcto.
-Para establecer relacións entre os conceptos, entre os núcleos temáticos, entre as reflexións teóricas, as aplicacións prácticas, etc.
-Para demostrar a capacidade de lectura comprensiva (interpretativa e crítica) sobre o que se pregunta.
-Para demostrar o dominio de expresión escrita ( estruturas sintácticas, precisión léxica, corrección ortográfica, etc.)
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar ( cinco puntos sobre dez ) tanto o exame teórico como a presentación /exposición do Proceso didáctico dunha poesía, conto ou dramatización.

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán de novo avaliadas na convocatoria de Xullo.

Aqueles estudantes que, por causa xustificada, NON poidan ASISTIR regularmente serán avaliados :

-Proba de resposta longa/ de desenvolvemento: 50%

-Presentación individual, por escrito, con material de apoio, do proceso didáctico dunha poesía: 25%

-Presentación individual, por escrito, con material de apoio, do proceso didáctico dun conto: 25%



Datas exames:



Consultar http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-o/web/index.php/grado-educacion-infantil/horarios



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000