Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización nas clases dos problemas e/ou exercicios propostos polo profesor. 5 A1
A3
A4
A5
C43
C44
C47
C49
D1
D2
D3
D7
D13
D15
Lección maxistral Participación habitual do estudante nas sesións expositivo-participativas. 5 A1
A4
A5
B3
B4
B5
C43
C46
C47
C49
D1
D3
D7
D12
D13
D14
D15
D17
D19
D20
Traballo tutelado Valoración da calidade do traballo académico realizado por grupos sobre algún dos contidos da materia, así como da presentación oral sobre o seu proceso de elaboración e/ou os seus resultados. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B7
C43
C44
C45
C46
C47
C48
C49
C50
C52
D1
D2
D3
D7
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D19
D20
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba orientada a analizar a capacidade para resolver problemas e/ou exercicios semellantes ós realizados nas clases prácticas. 25 A1
A3
A4
A5
C43
C44
C47
C49
D1
D2
D3
D7
D13
D15
Exame de preguntas de desenvolvemento Preguntas engadidas ás probas baseadas na resolución de problemas e/ou exercicios que tratan de medir o nivel de coñecemento e comprensión dos conceptos básicos da materia. Requiren unha resposta relativamente longa. 25 A1
A2
A3
A4
A5
C43
C44
C46
C49
D1
D2
D3
D12
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É obrigatoria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, tanto teóricas como prácticas. O incumprimento desta porcentaxe de asistencia implica unha avaliación diferente, baseada exclusivamente nas probas de resolución de problemas e exercicios e de respostas a preguntas de desenvolvemento, que neste caso representarán, polo tanto, o 100% da nota final. No caso de non poder asistir ás clases (por traballo, enfermidade, incompatibilidade de horarios...), contactar co/coa docente o antes posible. 

As probas de resolución de problemas e/ou exercicios e respostas a preguntas de desenvolvemento realizaranse en diferentes fases do cuadrimestre (unha primeira proba parcial, aproximadamente a mediados do cuatrimestre e outra ao final, na data de exame fixada pola facultade). Estas probas abarcarán partes específicas da materia que deberán superarse obtendo, polo menos, a metade da nota máxima en cada unha delas. O alumnado que non asista ás clases poderá realizar a primeira proba parcial na metade do cuadrimestre, se así o desexa. 

Para superar o traballo tutelado tamén será necesario obter, polo menos, a metade da cualificación máxima establecida.

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, as aprobadas nese curso académico.

AVISO: a detección de plaxio en calquera das tarefas ou traballos propostos suporá a perda do dereito á avaliación continua.

As datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Ciencias da Educación e do Traballo Social.

2ª CONVOCATORIA

O alumnado deberá repetir exclusivamente os traballos e/ou probas de avaliación que non fosen superados na 1ª convocatoria.

OBSERVACIÓNS

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá adaptarse ás necesidades específicas de apoio educativo do alumnado matriculado no programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000