Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas aplicando os contidos explicados e axudado polas directrices e supervisión da profesora. Por iso, adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun exercicio ou traballo a desenvolver polo estudante. Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social, polo que se aplicarán técnicas de aprendizaxe colaborativa nestas sesións.
Traballo tutelado Realización dun traballo académico por grupos sobre algún dos contidos relacionados coa materia, a través dun desenvolvemento teórico, a realización dunha investigación empírica ou o deseño dunha unidade didáctica para un nivel/curso de Educación Primaria.
Ademáis, pódese requerir a presentación oral por parte dos grupos sobre o estado de elaboración deste traballo e/ou os seus resultados durante as clases prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000