O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou alternativamente, optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo Centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. -- Avaliación continua. En caso de non renunciar á avaliación continua: Neste caso o alumnado deberá realizar o conxunto de actividades e probas de avaliación descrito no apartado de Metodoloxías/Probas que valerán o 35%, 35% e 30% da nota respectivamente. Para poder ser avaliado por este sistema hai que asistir polo menos ao 75% das horas de docencia presencial. -- Avaliación global. O alumnado será avaliado mediante unha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba representa o 100% da nota. No suposto de non superar a nota en primeira oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames do Master. Esta proba suporá o 100% da nota. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Master (CAM) para o presente curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web do Master: www.mbadeporte.es Uso de IA en Traballos Académicos Advertencia: O uso de ferramentas de intelixencia artificial (IA), incluíndo pero nonlimitándose á xeración de texto, creación de contido e asistencia nainvestigación, debe adherirse estritamente ás directrices de integridadeacadémica. Uso Incorrecto: 1. Plaxio: Presentar contido xerado por IA como propio sen adebida cita considérase plaxio e viola as políticas de integridade académica. 2. Falsificación: Utilizar a IA para fabricar datos,referencias ou calquera parte do traballo académico representa unhafalsificación da autenticidade do traballo. 3. Asistencia Non Ética: Depender da IA para completartarefas, ensaios ou traballos de investigación sen o recoñecemento adecuado noné ético e socava o proceso de aprendizaxe.
Uso Adecuado: • Verificación: O contido xerado por IA debe serrevisado e verificado polo estudante ou investigador para asegurar a súaexactitude e relevancia. Consecuencias: O incumprimento destas directrices supoñerá unha cualificación de 0 (cero)na correspondente materia independentemente de que só se utilizou para untraballo ou parte da avaliación. Ademais, poden promoverse outras medidasdisciplinarias previstas pola Universidade. |