Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Xestión Medioambiental, da Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporativa. Sistemas Integrados de Xestión de Calidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno (individual ou en grupo) no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos, no seu caso.
Para determinadas sesións esíxese asistencia. No caso de non asistir, o alumno deberá elaborar un traballo individual relacionado coa sesión á que non asistiu, seguindo as instruccións do profesor, e presentar un documento correspondente ao mesmo.
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o
sistema de avaliación continua. 

Exame de segunda convocatoria:

Realizarase un exame no mes de xullo para aqueles alumnos e
alumnas
que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua (debido a non ter superado a materia a través do conxunto de
métodos exposto anteriormente). Neste caso, a cualificación obtida no
exame constituirá o
100% da nota.

Observación:

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados
suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000