Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Xestión Medioambiental, da Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporativa. Sistemas Integrados de Xestión de Calidade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudantado.
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Entre elas pódense citar prácticas de campo, visitas a eventos, centros de investigación, empresas, institucións... de interese académico-profesional para o alumnado.
Eventos docentes e/ou divulgativos Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por relatores de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rotinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Complemento da lección maxistral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000