Guia docente 2022_23
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Administrativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a participación activa de calidade do estudante. 20 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C8
C10
C12
C13
C15
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dun os varios supostos prácticos nos que haxa que aplicar Dereito Administrativo. 50 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B6
C1
C2
C8
C10
C12
C13
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Preguntas con catro opcións de resposta, sendo só una delas correcta. 30 A1
A2
A3
B1
B2
B4
B5
B6
C1
C2
C10
C12
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

*Resultados de aprendizaxe adquiridos na avaliación
-Demostrar comprensión profunda de calquera tipo de documento administrativo ou de resolución
xudicial contencioso-administrativa
-Redactar de forma sistemática e rigorosa calquera tipo de escrito tanto en vía administrativa, como
contencioso-administrativa (recursos administrativos, solicitudes, escrito de interposición do recurso,
demanda, contestación á demanda, alegacións previas, proba, conclusións)
-Redactar de forma sistemática e rigorosa calquera tipo de recurso contra unha resolución xudicial,
especialmente un recurso de casación
-Resolver correctamente problemas xurídico-administrativos reais
-Manexar con habilidade os coñecementos xurídico-administrativos aplicándoos a situacións reais do
exercicio profesional
-Saber argumentar e rebater ideas con rigor, oralmente e por escrito, especialmente nas vistas ou xuízos
que se desenvolvan oralmente na sede xudicial
-Saber comunicar os seus coñecementos e razóns
-Demostrar capacidade para aprender dun modo autónomo



Outros comentarios sobre a avaliación:

1. Primeira oportunidade (decembro/xaneiro):

O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua:

Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:

1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 20% da cualificación final.

2.- Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final.

O exame final constará de dous partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

b) Exame final:

O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.

A data e o horario das probas de avaliación da primeira convocatoria son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2022-2023. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado. Si fose necesario, por razóns excepcionais, modificar ou especificar os métodos de avaliación indicados na guía, tales modificacións ou aclaracións publicaranse no mesmo medio electrónico.

2. Segunda oportunidade (xuño/xullo):

O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes casos, o exame, representa o 80% da cualificación final.

O exame final constará de dous partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

B. O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.

A data e o horario das probas de avaliación da segunda convocatoria son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2022-2023. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado. Si fose necesario, por razóns excepcionais, modificar ou especificar os métodos de avaliación indicados na guía, tales modificacións ou aclaracións publicaranse no mesmo medio electrónico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000