PresentaciónBenvidos/as
á Facultade de Dereito da Universidade de Vigo, un centro de educación superior
onde preto de cincuenta profesionais e cincocentos estudantes se dedican día a
día á docencia, á investigación e ao estudo no ámbito xurídico.
Algúns
dos nosos signos de identidade son persoal docente e investigador, persoal de
administración e servizos e alumnado altamente cualificado; traballo en grupos
reducidos; atención personalizada; apoio de novas tecnoloxías; variada oferta
académica; formación xurídica teórica e práctica, exhaustiva e de calidade en
todas as ramas do dereito; excelentes perspectivas profesionais para os nosos
titulados/as; compromiso coa igualdade de xénero como un dos seus valores
centrais; investigación e transferencia de resultados baixo criterios óptimos
de excelencia; localización nun cómodo campus urbano perfectamente integrado na
cidade de Ourense; e vocación de servizo á sociedade que xustifica a nosa
existencia.
As
titulacións xurídicas do Grao en Dereito –coas mencións en Dereito xudicial e
Dereito da UE e desenvolvemento sostible–, o programa conxunto ADE-Dereito e o
Mestrado universitario en Avogacía e Procuraduría, impartido en colaboración co Ilustre
Colexio da Avogacía de Ourense e o Ilustre Colexio da Procuraduría de Ourense, constitúen os piares centrais da nosa oferta
formativa. Proporciónanlles aos titulados/as as competencias e as habilidades
necesarias para acceder ao emprego público nas distintas administracións, ao
emprego privado en postos con formación xurídica altamente cualificados e ao
exercicio de profesións xurídicas; ademais de comportarse de xeito ético e con
responsabilidade social como profesionais do dereito.