Guia docente 2024_25
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua realizará dúas probas parciais, escritas e obrigatorias. Cada proba parcial representará un 40% do valor total da cualificación final. Cada unha destas dúas probas parciais será liberatoria sempre que o/a alumno/a alcance unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada unha delas, de maneira que superando ambas probas non estará obrigado/a a realizar o exame final da materia, como requisito para superar esta última
As/os alumnas/os que sigan o sistema de avaliación global realizarán unha única proba final escrita, que representará o 100% da súa cualificación final.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do sistema tributario español.
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C20
C21
D1
D3
D4
D5
Observación sistemática O profesorado, a través de diferentes actividades que propoña ao alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula etc.)/ etc.), valorará a asistencia regular, a participación activa e a calidade das intervencións do devandito alumnado, tanto nas clases maxistrais como, sobre todo, nos seminarios.
A asistencia regular así como a participación activa e de calidade do alumnado acollido a avaliación continua supoñerá o 20% da súa nota final.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do sistema tributario español.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C20
C21
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha
versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.

Oportunamente, ao comezo do cuadrimestre, proporcionaráselle
ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.

 



CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1ª e 2ª EDICIÓN DE ACTAS.-

 



1.- Consonte establece o Regulamento de Avaliación da
Universidade de Vigo (aprobado polo Claustro do 18 de abril de 2023), o/a
alumno/a deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de
avaliación

continua de acordo con o procedemento e na data establecidos
polos órganos competentes do Centro.

A eses efectos, na Facultade de Dereito, unha vez
transcorrido un mes desde o comezo do cuadrimestre, abrirase un prazo de 10
días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, de forma fidedigna, a
súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.

 



2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación
continua será avaliado/a consonte aos seguintes criterios:

 



1º) Primeira proba parcial, que se realizará a metade de
cuadrimestre (40% do valor total da cualificación final).

 



2º) Segunda proba parcial, que se realizará nas últimas
semanas do cuadrimestre (40% do valor total da cualificación final).

 



3º) Asistencia regular, participación activa na clase e
asistencia a outras posibles actividades organizadas pola área de Dereito
Financeiro e Tributario (20% do valor total da cualificación final). Aos
efectos de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia a
clase así como a participación activa e, no seu caso, a asistencia ás
actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario.

 



As dúas probas parciais escritas serán obrigatorias e,
ademais, serán liberatorias sempre que o/a alumno/a alcance unha cualificación
mínima de 5 sobre 10 en cada unha delas, de maneira que superando ambas probas
non estará obrigado a realizar o exame ou proba final da materia, como
requisito para aprobar esta última.

 



Se o/a alumno/a acollido/á o sistema de avaliación continua
só supera unha das dúas probas parciais, a cualificación obtida na proba
aprobada manterase tanto para a primeira como para a segunda oportunidade de
exame.

Tamén se conservará para ambas oportunidades de exame a
cualificación correspondente á asistencia regular, participación activa en
clase e a asistencia a outras posibles actividades organizadas pola área de
Dereito

Financeiro e Tributario (20% do valor total da cualificación
final).

 



O/a alumno/a que non superase unha, ou ambas as probas
parciais, estará obrigado/á presentarse ao exame final coa materia
correspondente a unha, ou a ambas as probas parciais, para aprobar a materia.

 



Se o/a alumno/a non superase as dúas probas parciais coa
cualificación mínima de 5 sobre 10, entenderase non superada a materia e na
acta reflectirase unicamente a nota obtida por asistencia regular,
participación activa en clase e asistencia a actividades organizadas pola área
de Dereito Financeiro e Tributario.

 



Así mesmo, o alumnado que superase as dúas probas parciais
de avaliación continua durante o cuadrimestre poderá concorrer ao exame de
primeira oportunidade para subir nota.

 



3.- Alumnos/as acollidos/as ao sistema de avaliación global:
a súa cualificación estará integrada polo 100% da cualificación obtida no exame
final escrito, que será diferente ao que realice o alumnado de avaliación
continua. No exame de avaliación global avaliaránselles de todas as
competencias.

 



4.- O exame final tanto da primeira como da segunda
oportunidade realizarase  na data, lugar e hora especificados no
calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o
presente curso académico.

 



5.- As competencias para avaliar serán, para todo o
alumnado, as indicadas máis arriba na apartado "Avaliación". Os
resultados da aprendizaxe, tanto para o alumnado que se someta a avaliación
continua como

para o que opte polo sistema de avaliación global, serán os
mesmos: coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do sistema
tributario español.

 



As cualificacións serán publicadas na plataforma MOOVI, con
acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado.

 



ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE CONCORRAN Á
CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.-

 



O exame de Fin de CarreIra será escrito e nel avaliaranse
todas as competencias da materia e os resultados da aprendizaxe sinalados máis
arriba: coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do sistema
tributario español.

 



As cualificacións serán publicadas na plataforma MOOVI, con
acceso limitado ao profesorado da materia e ao alumnado matriculado.

 



INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA: CONSULTA DE TITORÍAS.-

 



De seguido indícanse as ligazóns á páxina web da Facultade
de Dereito onde poden consultarse as titorías do profesorado da materia:

 



- Prof. Dr. Roberto Ignacio Fernández López:

http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/roberto-ignacio-fernandez-lopez/

 



- Profa. Dra. Mónica Siota

Álvarez: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/monica-siota-alvarez/

 



- Prof. Javier Freire Gallego: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/javier-freire-galego/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000