O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as
probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase
a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi,
UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o
seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto
(enlace en MooVi).
Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a
materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da
Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a
adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe,
tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais
postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos
de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se
"copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE). Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos/as que non
poidan acollerse á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma
das tarefas propostas), serán avaliados dos contidos da materia mediante unha
proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que
representará o 30% restante. O devandito traballo deberá estar asignado, como
mínimo, un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo
coa data fixada polo Centro para a súa realización en cada convocatoria. En
todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción no mencionado
art. 3.10); para superar a materia requírese obter unha cualificación mínima de 5
puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos). |