Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia das relixións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión orientada a presentar a materia, tomar contacto co alumnado e reunir información sobre as súas competencias, motivacións e intereses
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesor e presentación das liñas básicas para o desenvolvemento das actividades relacionadas
Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Traballo tutelado Elaboración de traballos por parte dos alumnos a partir de fontes bibliográficas, ben de xeito individual ou ben en grupo, que deberán ser presentados e debatidos na aula. O seguemento realizarase mediante a plataforma Moovi e o Campus remoto.
Seminario Reunións para a resolución de dúbidas sobre os contidos da materia, metodoloxía utilizada para a realización do traballo e revisión das probas de avaliación. O seguemento realizarase mediante a plataforma Moovi e o Campus remoto.
Resolución de problemas de forma autónoma Traballo autónomo do alumnado consistente na realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos da materia na plataforma Moovi.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000